Investigadores/as

Miguel Ángel Rodríguez Luaces
Contratado Doutor
981167000 Ext. 1254

Miguel R. Luaces obtivo o título de Licenciado en Informática pola Universidade da Coruña (España) en 1998, e o título de Doutor Europeo en Informática pola Universidade da Coruña en 2004. Traballou como investigador nas áreas de bases de datos espaciais, temporais e espacio-temporais na FernUniversität de Hagen (Alemaña) como integrante do proxecto ChoroChronos financiado pola Unión Europea. Hoxe en día é profesor Contratado Doutor na Universidade da Coruña e membro do Laboratorio de Bases de Datos da mesma universidade, onde estivo involucrado exitosamente en varios proxectos de investigación e desenvolvemento. Os seus intereses de investigación inclúen os sistemas de información xeográfica, as bases de datos espaciais e espacio-temporais, a enxeñaría do software e os sistemas de información baseados en Web.

  • Publicacións
  • Subvencións I+D
  • Contratos e convenios
  • Teses