Subvencións I+D

XEOEDUCA: Ferramenta para o desenvolvemento de aplicacións para a autoaprendizaxe da xeografía

Referencia:
08SIN009CT
Institución financiadora:
Programa ayudas tecnología sectorial de Sociedad de la Información (SIN) – Convocatoria 2008. Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de I+D+i
Orzamento:
91.425 Euros
Nº investigadores/as:
8
Duración:
1-set-2008 ao 1-out-2010
Investigador principal:
Investigadores/as participantes:
Sebastián Bamonde Rodríguez
Xoan Xose Costa Casas
Elsa María López-Nino Hernansaez
Pablo González López
Diego Seco Naveiras
Descrición:
O noso obxectivo é a creación dunha ferramenta, que chamaremos XEOEDUCA, baseada en Liñas de Produto
Software (LPS) e en Sistemas de Información Xeográfica (SIX), que facilite a creación de aplicacións educativas para a autoaprendizaxe de Xeografía. Nas aplicacións xeradas con XEOEDUCA empregaranse de xeito adecuado tanto estratexias de presentación de contidos para a autoaprendizaxe como estratexias de xeración de probas de autoavaliación. Asemade, con XEOEDUCA un analista de software, ou mesmo un docente, contará cunha interfaz de usuario sinxela na que poderá decidir os parámetros da aplicación educativa que desexe construír, información e cartografía a utilizar nas preguntas, estratexias de presentación de contidos, número e dificultade das preguntas, ou tipos de probas de autoavaliación desexadas). Unha vez decididos estes parámetros, XEOEDUCA construirá unha aplicación educativa adaptada ás decisións tomadas polo analista ou o docente. Esta aplicación educativa terá en
conta numerosos criterios de usabilidade xa que está dirixida a un público que non ten que ser necesariamente experto no manexo de aplicacións informáticas. A súa interfaz de usuario ten que ser sinxela e ten que ser adecuada á idade obxectivo da aplicación.