Subvencións I+D

ATEMPO: Asistencia Transfronteiriza de EMerxencias no marco do POCTEP 2021-2027

Referencia:
0079_ATEMPO_6_E
Institución financiadora:
Programa Interreg VA España-Portugal (POCTEP)
Orzamento:
250.659,73 Euros
Nº investigadores/as:
8
Duración:
1-set-2023 ao 31-dec-2025
Investigadores/as principais:
Manuel González Penedo
Elena Hernández
Descrición:
As autoridades de emerxencia xogan un papel clave na adaptación ao cambio climático e na prevención do risco de catástrofes naturais e diversos fenómenos antrópicos. A experiencia mostra que os efectos derivados dunha situación de risco ou emerxencia poden estenderse de un territorio a outro con moita frecuencia, e, por iso, a mobilización de efectivos e a resposta da poboación debe ser homoxénea e coordinada.

Máis aínda: nos últimos anos, incrementáronse o número de actuacións de emerxencias territoriais onde hai perigo para a poboación ("situacións de emerxencia de tipo 2"): en 2022, as situacións de tipo 2 son 2,6 veces máis frecuentes que a media dos últimos 3 anos.

ATEMPO busca profundizar na mellora da capacidade de resposta das unidades de emerxencias transfronteirizas nun tempo efectivo ante 1) eventos adversos relacionados co cambio climático, e 2) riscos tecnolóxicos con impacto nos ecosistemas da Eurorrexión.

Para iso, fará uso de 1) as ferramentas predictivas ofrecidas polos desenvolvementos da Intelixencia Artificial (IA), 2) a mellora da capacitación conxunta de efectivos e a posta en marcha dun marco de habilitación profesional común do persoal de emerxencias; 3) o incremento da eficacia na resposta a emerxencias mediante o reforzo da inversión dotacional de equipamentos conxuntos, e 4) a mellora da concienciación e da capacitación da poboación para facer fronte a emerxencias derivadas do cambio climático.

Os obxectivos e resultados plantexados necesariamente deben abordarse de maneira conxunta para a súa consecución, xa que os efectos derivados dunha situación de risco ou emerxencia poden estenderse dun territorio a outro con gran facilidade, como demostra o histórico de incidencias nos últimos 4 anos, sumando un total de 462.711 incidencias. A frecuencia destes eventos recomenda que a resposta de efectivos, pero tamén da poboación, sexa homoxénea e coordinada.

A principal innovación deste proxecto é incrementar a eficacia e eficiencia da capacidade conxunta de resposta a emerxencias transfronteirizas mediante un uso aplicado e racional da Intelixencia Artificial (IA) e das innovacións tecnolóxicas para dar respostas anticipadas ao comportamento do lume e/ou inundacións, como principais desastres provocados polo cambio climático, pero tamén aos accidentes derivados de riscos tecnolóxicos.