Contratos e convenios

Contrato de colaboración para o desenvolvemento do proxecto de investigación "Análise, deseño e prototipado dun sistema informático integrado para a automatización dos procesos dun laboratorio de análise xenética baseado en tecnoloxías de secuenciación sanger e NGS" no marco do programa Conecta Peme - Empresa Novaware, S.L.

Referencia:
OTR0914 HIC
Institución financiadora:
Novaware, Programa Conecta Peme-2014, IN852A-2014/9, Xunta de Galicia
Nº investigadores/as:
4
Duración:
10-feb-2014 ao 30-xun-2015
Investigadora directora:
Descrición:
O proxecto ten como obxectivo a captura de requisitos, a análise funcional, o deseño técnico e a implementación dos diferentes módulos que conformarán o esqueleto dun futuro sistema integrado de xestión da información, dos fluxos, dos procesos e dos controis de calidade, dun laboratorio de secuenciación xenética, orientado ao diagnóstico clínico. Os requisitos de trazabilidade, seguridade, reproducibilidade e control de calidade deben ter as máis altas esixencias técnicas, ao igual que os requisitos de optimización de custos e tempos, xa que o proxecto está enfocado a laboratorios de diagnóstico clínico de alta produción e non a centros de investigación.