Contratos e convenios
Contrato para o desenvolvemento do proxecto Intelidata
Referencia:
F23/10 INTELIDATA
Institución financiadora:
Asociación Inserta Innovación
Nº investigadores/as:
13
Duración:
18-set-2023 ao 31-dec-2024
Investigadores/as directores/as:
Investigadores/as participantes:
Descrición:
Os grupos de investigación Grupo de Aplicacións e Servizos Telemáticos (https://www.gast.it.uc3m.es/, Universidade Carlos III), Xeotecnicas Aplicadas (http://geotech.webs.uvigo.es/, Universidade de Vigo) e Laboratorio de Bases de Datos (http://lbd.udc.es, Universidade da Coruña) levaron a cabo entre 2017 e 2020 o proxecto Friendly barrierLess AdapTable City (FLATCity). Na actualidade, os tres grupos de investigación contan con financiamento da Axencia Estatal de Investigación para a realización do proxecto Friendly barrierLess AdapTable City: Proof of Concept (FLATCity-POC) co obxectivo de promover e acelerar a transferencia de coñecementos e resultados xerados en proxectos de investigación do Plan Estatal. Unha das actividades planificadas no proxecto FLATCity-POC consiste no establecemento de contactos con actores interesados na tecnoloxía desenvolvida no proxecto co fin de establecer colaboracións que permitan transferir o produto á sociedade. No marco desta actividade, iniciouse unha colaboración coa Asociación Inserta Innovación para ampliar o alcance do proxecto FLATCity-POC abordando novos retos de investigación. A seguir, enuméranse estes retos do subproxecto do Laboratorio de Bases de Datos. Compoñente de integración de datos da cidade • Integrar o compoñente como parte dos integrantes de entrada e preprocesamento do DataHub INTELIDATA proposto pola ASOCIACION INSERTA INNOVACION. • Ampliar o alcance do compoñente de recollida de datos para xeralizalo e que poida ser utilizado para describir a entrada de calquera conxunto de datos no sistema. Modelo de datos de accesibilidade • Integrar o modelo de datos de accesibilidade como parte do módulo de dispoñibilidade do DataHub. • Mellorar o modelo de datos de accesibilidade para aumentar o número de elementos relacionados coa mobilidade admitidos. • Integrar a aplicación web de visualización de rotas accesibles de xeito que utilice o módulo de dispoñibilidade do DataHub, en lugar de ser un compoñente dependente do proxecto FLATCity-POC. Taboleiro da cidade • Redeseñar a aplicación para convertela nun caso de uso externo do DataHub que sirva como demostrador da súa interoperabilidade.