Contratos e convenios

Contrato entre Indra Software Labs e CITIC no marco do proxecto CIEN 2014, "LPS-BIGGER": Liña de produtos software para BIG data a partir de aplicacións innovadoras en entornos reais"

Referencia:
15/06 LPS-BIGGER
Institución financiadora:
Indra Software Labs S.L.U., CDTI, Programa CIEN 2014, IDI-20141259, co-founded with FEDER
Nº investigadores/as:
11
Duración:
1-set-2014 ao 31-dec-2017
Descrición:
O Laboratorio de Bases de Datos mediante este contrato realizará tarefas de investigación, deseño e desenvolvemento precisas para dotar de tecnoloxías GIS avanzadas para a xestión de datos xeolocalizados á aplicación BigData para a optimización da xestión de proxectos de enxeñería do software, e para a creación da liña de produto software de desenvolvemento de aplicacións BigData, incluíndo o compoñente GIS e o apoio no desenvolvemento dalgúns dos restantes compoñentes.