Subvencións I+D

BIRDS- Bioinformatics and Information Retrieval Data Structures Analysis and Design

Referencia:
690941/BIRDS
Institución financiadora:
European Commision - Research Executive Agency (REA) (H2020-MSCA-RISE-2015 GA No 690941)
Orzamento:
648.000 Euros
Duración:
1-xan-2016 ao 31-dec-2019
Investigadora principal:
Descrición:
O proxecto BIRDS pretende explotar as sinerxias entre investigadores das áreas de bioinformática e recuperación de información que permitan desenvolver aproximacións novas e eficientes para a mellora da tecnoloxía empregada na análise de datos a escala xenómica. Mais concretamente, o proxecto ten como obxectivo establecer unha rede internacional a longo prazo que involucre a investigadores destacados en bioinformática e recuperación de información de catro continentes diferentes, para fortalecer a colaboración a través do intercambio de coñecemento e experiencia, e para desenvolver aproximacións integradas que melloren as xa existentes en ambas áreas. O proxecto implementaráse a través de intercambio de persoal, escolas de verán, workshops e conferencias, que faciliten o intercambio de coñecemento entre os membros da rede. Ademais tamén fomentará a transferencia de resultados á industria, grazas á cooperación cunha empresa de desenvolvemento de software con base en Europa.