Subvencións I+D
Ferramentas avanzadas para a implementación de Bibliotecas Dixitais
Referencia:
TIC2003-06593
Institución financiadora:
Programa Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2000-2003. Ministerio de Ciencia y Tecnología
Orzamento:
59.800
Euros
Nº investigadores/as:
19
Duración:
1-dec-2003 ao 30-nov-2006
Investigadora principal:
Investigadores/as participantes:
Serafín Caridad Simón
Sebastián Bamonde Rodríguez
M. Fernández Esteller
Carme Fernández Pérez-Sanjulián
Descrición:
Neste proxecto abórdase o desenvolvemento de ferramentas avanzadas que faciliten a implantación de Bibliotecas Dixitais en Web (ou que melloren a calidade dos seus servizos) dende unha perspectiva multidisciplinar (bases de datos, enxeñaría do software, algoritmia, enxeñaría lingüística e bibliotecas dixitais). Concretamente estase a traballar en tres ferramentas: (1) Continuando co proxecto TIC2002-04413-C04-04, estase a implantar unha ferramenta de prototipado rápido de Bibliotecas Dixitais. (2) Estase a traballar nunha ferramenta para a alimentación dos fondos das bibliotecas dixitais que permita o marcado en XML dos documentos etc. (3) Estase a facer investigación co obxectivo de deseñar e implementar unha ferramenta para a compresión de textos e xeración de índices. A idea é comprimir os documentos dixitalizados para que o espazo de almacenamento e, por tanto, o tempo de transferencia a través de internet, sexa mínimo, mais permitindo buscas polo contido de ditos documentos comprimidos sen necesidade de descomprimilos previamente.