Subvencións I+D

4V: Volume, Velocidade, Variedade e Validez na xestión innovadora de datos: UDC

Referencia:
TIN2013-46238-C4-3-R
Número de subproxectos:
3
Institución financiadora:
Ministerio de Economía e Competitividade, Programa Retos Investigación, convocatoria 2013
Orzamento:
188.276 Euros
Nº investigadores/as:
10
Duración:
1-xan-2014 ao 31-dec-2017
Descrición:
O proxecto desenvolverá tecnoloxía para mellorar a Velocidade, Volume, Variedade e Veracidade dos grandes volumes de datos, públicos e privados, que as aplicacións actuais e futuras necesitan xestionar de xeito eficiente.
Preténdese desenvolver tecnoloxía, métodos, ferramentas e solucións no ámbito das catro V que resumen a problemática da xestión de Bigdata. O traballo estrutúrase para atender á eficiencia, o enriquecemento semántico e a calidade dos datos, ademais do desenvolvemento de prototipos, onde se abordarán de forma conxunta tres aplicacións: no ámbito sanitario, en computación móbil e no das Smart Cities. 
Neste subproxecto acometeráse a tarefa do almacenamento e consulta eficiente e escalable de datos. Para iso estudaremos e desenvolveremos estruturas compactas para a representación de grafos en xeral, como construtor útil para representar datos e as súas relacións, e de RDF en particular, como linguaxe estándar nos open/linked data.