Subvencións I+D

Hermes-Space&Time-Healthy and efficient routes in massive open-data based smart cities: spatio-temporal modelling and querying

Referencia:
TIN2013-46801-C4-3-R
Institución financiadora:
Ministerio de Economía e Competitividade, Programa Retos Investigación, convocatoria 2013
Orzamento:
105.149 Euros
Nº investigadores/as:
6
Duración:
1-xan-2014 ao 30-set-2017
Investigador principal:
Investigadores/as participantes:
Descrición:
O obxectivo deste proxecto é integrar os diferentes axentes e elementos de infraestrutura dunha Smart City nun sistema cooperativo e masivo que optimice os desprazamentos urbanos, minimice a emisión de gases contaminantes, maximice o benestar dos cidadáns e ofreza novas oportunidades de negocio sobre a Smart City. Para iso, combinaranse e ampliaranse as últimas técnicas e tecnoloxías de captación, procesamento, almacenamento, consulta e publicación de datos, así como as técnicas de desenvolvemento de software en plataformas abertas orientadas a servizos.
O subproxecto HERMES-SPACE&TIME da Universidade da Coruña ten como obxectivo a participación na definición e construción do sistema de información flexible e escalable que actúa como núcleo do sistema achegando a experiencia en almacenamento e consulta de datos espazotemporais, publicación de información mediante servizos web e Linked Open Data.