Contratos e convenios

Convenio entre a Excma. Deputación Provincial de A Coruña e a Universidade da Coruña para financiar o proxecto da creación da Web Cultura Galega

Referencia:
164/2007 WebCulturaGalega
Institución financiadora:
Deputación da Coruña
Nº investigadores/as:
8
Duración:
19-xun-2007 ao 18-xun-2008
Investigadores/as participantes:
Pilar García Negro
José Ignacio Lamas Fonte
Andrés Basoa Cereijo
Carme Fernández Pérez-Sanjulián
Descrición:
Este convenio ten como obxecto a creación dunha aplicación Web denominada "Web Cultura Galega" que pretende ser fortemente interactiva invitando ao público cibernauta a participar no proxecto motivando así que melloren a súa valoración e coñecemento do rico patrimonio cultural galego. Esta Web estará adicada á publicación de dous tipos de fondos. De un lado incluirá documentos escritos por autores galegos que non sexan estrictamente obras literarias propias (prólogos de libros, discursos, cartas, reseñas de obras, comentarios e críticas etc.) é dicir, incluirá en xeral, textos históricos de valor e paratextos. Por outro lado, e mediante tecnoloxía de Sistemas de Información Xeográfica, publicarase en forma de mapa, toda a información relevante sobre monumentos galegos (datos do monumento e coleccións fotográficas sobre o mesmo).