Contratos e convenios

Convenio entre a Deputación Provincial de A Coruña e A Universidade da Coruña para financiar a ampliación de funcionalidades do Nodo ideAC e das aplicacións de xestión e publicación da EIEL (gisEIEL e webEIEL)

Referencia:
146/2007 ideAC
Institución financiadora:
Deputación da Coruña
Nº investigadores/as:
8
Duración:
1-set-2007 ao 30-nov-2008
Descrición:
Neste convenio acometerase a realización dunha serie de módulos de software que fornecerán á actual lnfraestrutura de Datos Espaciais de A Coruña (ideAC), e ás aplicacións gisEIEL e webEIEL, de ferramentas e servizos dos que carecen na actualidade. Estes módulos son:
* Para o IdeAC: 1) módulo de xestión de privilexios de usuario da ideAC, 2) Servizo de xestión da distribución de datos, 3) ferramentas de xeorreferenciación, 4) ferramentas de xeralización cartográfica, 5) ferramentas de reproxección cartográfica, 6) Ferramenta de integración dos datos da BDT-EIEL en aplicacións de visualización en liña.
* Para gisEIEL/webEIEL: 1) Introdución da variable "Tempo", 2) Importación e xeorreferenciación de datos anteriores da EIEL, 3)Ferramentas de procura.