Contratos e convenios

Plataforma tecnolóxica uso UAV'S para apoio decisións no ámbito forestal e medioambiental

Referencia:
F16/07 uForest
Institución financiadora:
Sixtema, Bahia Software, Programa FEDER Innterconecta-2016, EXP - 00092007 / ITC-20161074 CDTI, MINECO
Nº investigadores/as:
8
Duración:
1-set-2016 ao 31-xul-2018
Investigador director:
Descrición:
O obxectivo do proxecto uFOREST é o desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica que permita a captura, procesado e sincronización de datos forestais e vexetacionais, mediante o uso de UAV’s para a súa visualización e análise en procesos de
toma de decisión no ámbito forestal e medioambiental.
uFOREST quiere aplicar o concepto de SmartCity ao ámbito forestal e medioambiental, unificando o acceso á información e posibilitando a creación de usos e
aplicacións de valor engadido dun xeito sinxelo, estandarizado e escalable.
Co propósito de verificar o correcto funcionamento da plataforma, o desenvolvemento do propio proxecto contempla a súa utilización para a visualización de información, desenvolvemento de algoritmos e análise experta no ámbito do modelado de combustible e
índices de risco de incendios no ámbito do estado fitosanitario da vexetación arbórea e no cartografiado e clasificación de hábitats.
O proxecto introduce un conxunto de elementos diferenciais sobre outras iniciativas desenvolvidas no mesmo ámbito, o que permitirá introducir no mercado unha
ferramenta que cubrirá as necesidades de obter e xestionar información medioambiental de forma rápida, precisa, eficaz e a un baixo custe.