Investigadores/as
Antonio Fariña titulouse como Exeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña (UDC) en 2000, rematou o seu doutoramento en Computación pola mesma universidade en 2005. Actualmente, é profesor Titular, no departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información. Tamén desde 2000, é membro do laboratorio de Bases de Datos da UDC, onte ten estado involucrado en diferentes proxectos de investigación e desenvolvemento. A súa principal liña de investigación está enfocada á recuperación de textos sobre coleccións de texto en linguaxe natural, o que ten orixinado que as súas principais aportacións a este campo estean relacionadas coa compresión de textos, así como coa creación de estruturas de indexación compactas. Outras áreas de interese son: algoritmos, procura en espazos métricos, e os sistemas de información xeográfica. Ten sido membro do comité de programa de varias conferencias (MDMM, ICEIS, JIDEE), e revisor externo de varias revistas internacionais (Computer Journal, JRPIT, Kibernetica, JCSS, EJC, IJCSSE,...) e conferencias (ESA, DCC, ACM-SIGIR, CIKM, CCP, VODCA, MICAI, JISBD).
- Publicacións
- Subvencións I+D
- Contratos e convenios
- Teses