Investigadores/as

Miguel Ángel Rodríguez Luaces
Titular de Universidade
981167000 Ext. 1254

Miguel R. Luaces obtivo o título de Licenciado en Informática pola Universidade da Coruña (España) en 1998, e o título de Doutor Europeo en Informática pola Universidade da Coruña en 2004. Traballou como investigador nas áreas de bases de datos espaciais, temporais e espacio-temporais na FernUniversität de Hagen (Alemaña) como integrante do proxecto ChoroChronos financiado pola Unión Europea. Hoxe en día é profesor TItular de Universidade na Universidade da Coruña e membro do Laboratorio de Bases de Datos da mesma universidade, onde dirixiu 4 teses de doutoramento, foi investigador principal de 4 proxectos de investigación competitivos financiados polas administracións públicas de Galicia e España, foi investigador principal de 16 contratos de transferencia de tecnoloxía con empresas e administracións públicas e foi o responsable da docencia en numerosas materias de diversas titulacións de de grao e máster, así como director de máis de 100 proxectos de fin de grao e máster. Os seus intereses de investigación inclúen os sistemas de información xeográfica, as bases de datos espaciais e espacio-temporais, a enxeñaría do software e os sistemas de información baseados en Web.

  • Publicacións
  • Subvencións I+D
  • Contratos e convenios
  • Teses