Subvencións I+D

Software para a produción de dobraxe

Referencia:
09TIC060E
Institución financiadora:
Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de I+D+i. Programa sectorial de de investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (INCITE)
Orzamento:
80.485 Euros
Nº investigadores/as:
6
Duración:
1-nov-2009 ao 30-set-2011
Investigadora principal:
Descrición:
Neste proxecto pretendemos investigar a problemática dos estudios de dobraxe, desenvolvermos unha solución global, un SISTEMA INFORMÁTICO QUE SOPORTE INTEGRAMENTE A PRODUCIÓN, non só de dobraxe senón de todo o que fai un estudio (subtitulación, gravación de publicidade etc.) Evidentemente, e por mor do complexo do proceso, neste proxecto realizaremos numerosos prototipos experimentais que nos permitirán comprobar a validez das nosas hipóteses e solucións.
O obxectivo final é obter un conxunto de aplicacións que traballen de forma integrada, para daren un soporte automatizado e global controlado por un módulo parametrizábel de workflow a todo o proceso de traballo dos estudios de dobraxe.