Contratos e convenios

Convenio administrativo entre a UDC e a Deputación da Coruña para financiar a creación dunha Web de Roteiros Culturais

Referencia:
289/2008 Roteiros
Institución financiadora:
Deputación da Coruña
Nº investigadores/as:
6
Duración:
3-dec-2008 ao 2-dec-2009
Investigadora directora:
Descrición:
Este convenio ten como obxecto a creación dunha aplicación Web que denominaremos Web de Rotas Culturais que pretende ser fortemente interactiva convidando ao público cibernauta a participar no proxecto motivando así que melloren a súa valoración e coñecemento do rico patrimonio cultural galego.  Esta Web, que estará baseada nun Sistema de Información Xeográfica (tecnoloxía GIS), publicará, mediante unha interfaz en forma de mapa, unha serie de rutas con toda a información relevante, non só sobre os monumentos, lugares, xacementos arqueolóxicos etc., senón tamén sobre aspectos artísticos, xeográficos, históricos e socioeconómicos e, por suposto, literarios, presentado así unha visión multidisciplinar e multimedia da riqueza cultural de Galiza, da súa terra, dos seus monumentos e da súa literatura.