Contratos e convenios

Contrato de colaboración entre a Universidade da Coruña e Indra Software Labs S.L.U. no marco da convocatoria de concesión de axudas para a realización de proxectos de I+D efectuada por CDTI mediante resolución do 25 de xuño de 2009 do CDTI. (BOE 163 do 7 de xullo de 2009)

Referencia:
353/2009 ENERGOS
Institución financiadora:
Indra Software Labs S.L.U., Programa CENIT 2009, CDTI-CEN20091048
Nº investigadores/as:
11
Duración:
1-xan-2010 ao 31-mar-2012
Investigador director:
Descrición:
O proxecto comprendía dúas subtarefas:
1) Realizouse un completo estudo do emprego de distintas técnicas de compresión para o aforro de ancho de banda nas comunicacións. Consideráronse distintos escenarios e tipos de datos. Esta subtarefa tamén implicaba o desenvolvemento de técnicas de compresión se se consideraba apropiado ou necesario. A pesares de que con financiación deste proxecto acometeuse o desenvolvemento de varias técnicas de compresión para texto, finalmente decidiuse que o escenario de texto na linguaxe natural non era moi probable para o proxecto, e diriximos as nosas investigacións á compresión de números reais, dado que o resto de escenarios están moi ben cubertos coas técnicas xa existentes. Así, desenvolveuse un compresor de números reais que denominamos FP3, que posteriormente foi implementado.
2) Como na subtarefa anterior, realizouse un completo estudo, neste caso sobre técnicas de indexación, contemplando distintos escenarios e tipos de datos. Unha vez máis, o proxecto incluía o desenvolvemento de técnicas de indexación cando se considerara que non había técnicas satisfactorias para os propósitos do proxecto. Comezamos tratando texto en linguaxe natural, unha vez máis, pero como no caso anterior, abandonamos esta liña polo tratamento doutros tipos de datos máis probables neste proxecto. Tamén neste caso, o estudo devolve que a maioría dos tipos de datos estaban ben resoltos coas técnicas xa existentes, e unicamente a indexación de números reais parecía un campo sen unha solución satisfactoria. Desenvolvéronse distintos índices sobre números reais. Deles, o iWCSA foi un fracaso, pero desenvolvéronse outras dúas técnicas: unha baseada en índices invertidos e outra baseada en Wavelet Trees. Estas dúas técnicas si que obtiveron resultados destacables, o que deu lugar a presentar estes índices na mellor conferencia do mundo sobre compresión de datos, a IEEE Data Compression Conference.