Contratos e convenios

Convenio para o desenvolvemento do proxecto "Plataforma para a Asociación Galega de Editores"

Referencia:
416/2010 AGE
Institución financiadora:
Asociación Galega de Editores (AGE), Programa Empresa Digital 2010, Xunta de Galicia
Nº investigadores/as:
12
Duración:
22-set-2010 ao 31-dec-2011
Descrición:
Este convenio ten como obxectivo o asesoramento técnico para o desenvolvemento do proxecto  Plataforma para a Asociación Galega de Editores". O Laboratorio de Bases de Datos da Universidade da Coruña prestará apoio mediante a realización das seguintes tarefas concretas:
definición, control, e seguimento do proxecto; verificación da implantación; formación nas TIC en xeral, e no uso da plataforma en particular; elaboración do conxunto inicial de contidos dixitais  que se usarán para probar a plataforma; planificación e execución das probas de implantación da plataforma; asesoramento en temas de funcionamento xeral da plataforma, e mantemento evolutivo.