Contratos e convenios

Biblioteca Virtual Galega (BVG)

Referencia:
BVG
Institución financiadora:
Universidade da Coruña
Nº investigadores/as:
3
Duración:
1-xun-2001 ao 31-dec-2014
Investigadora directora:
Descrición:
Proxecto desenvolvido pola Laboratorio de Bases de Datos en colaboración coa Área de Filoloxía Galego-Portuguesa da Universidade da Coruña. A Biblioteca Virtual Galega dá acceso a través de Internet non só a unha enciclopedia de lingua e literaturas galegas de todos os tempos, senón que tamén fai posíbel ler o texto (unhas veces texto plano, e outras as páxinas dixitalizadas das obras orixinais) das obras, ou incluso escoitar ou ver aos propios/as autores/as lendo ou recitando as súas obras (obras en formato audio ou vídeo). Ademais, co obxectivo de crear canles de comunicación entre os/as autores/as e o seu público lector desenvolvéronse servizos a través dos cales os autores/as poden publicar novidades, opinións etc. na súa páxina Web, e o público pode comentar as súas obras e incluso enviarlles mensaxes. Por outro lado, a BVG é tamén unha editorial dixital que dá cabida ás obras de autores/as nóveis ou a obras de xéneros con pouca difusión.