Subvencións I+D

Cosmética activa contra os coronavirus, solucións a longo prazo

Referencia:
IN852D 2021/3
Institución financiadora:
UE, Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), GAIN, Convocatoria Conecta COVID
Orzamento:
77.357 Euros
Duración:
1-xan-2021 ao 31-xul-2023
Investigadora principal:
Descrición:
O proxecto "CO3 - Cosmética activa contra os coronavirus, solucións a longo prazo" pretende ofrecer unha solución viricida válida tanto para o SARS-CoV-2, como para os próximos coronavirus que xurdirán en futuros anos. Por este motivo e co obxectivo de desenvolver novas ferramentas que faciliten a asepsia e dese xeito reducir as posibilidades de contaxio, no marco do proxecto preténdese desenvolver unha gama de produtos de cosmética de mans e facial con capacidade viricida, con ingredientes que, lonxe de resultar prexudiciais para a pel, como os habituais xeles hidroalcohólicos, que se teñen estendido ao longo do último ano, sirvan como axente protector. 
Os obxectivos concretos que se formularon á hora de encarar este proxecto son:
- Acadar un extracto natural de orixe vexetal activo e efectivo contra o coronavirus.
- Validar a efectividade do extracto desenvolvido e asegurar a súa inocuidade coa pel.
- Integrar o extracto/s en diferentes bases de cosmética coa fin de xerar unha gama de produtos destinados á protección das mans e a cara. 
- Avaliar a efectividade do extracto e os produtos desenvolvidos ante futuras variantes ou novos coronavirus.