Contratos e convenios

Segunda Fase Monitorización do Virus SARS-CoV-2 nas instalacións xestionadas por EDAR BENS S.A.

Referencia:
INV12120
Institución financiadora:
Empresa EDAR BENS, S.A.
Nº investigadores/as:
8
Duración:
18-nov-2020 ao 17-mai-2021
Investigadores/as participantes:
Descrición:
O proxecto consiste en monitorizar a carga viral de SARS-CoV-2 nas augas residuais e da planta de EDAR BENS SA no transcurso da epidemia de COVID-19 dentro da área
xeográfica de Oleiros, Culleredo, Cambre, Arteixo e A Coruña.
Obxectivos: 1. Coñecer o grao de incidencia do SARS-CoV-2 na poboación xeral mediante a estimación a partir de modelos matemáticos do número de portadores na poboación; individuos sintomáticos e asintomáticos.
2. Coñecer o grao de incidencia do SARS-CoV-2 en subpoblacións (municipios, edificios, barrios, etc).
3. Predicción de novos surtos; sistema de alerta temperá.
4. Desenvolvemento dunha ferramenta de xestión e visualización da evolución da epidemia.