Contratos e convenios

Análise e Deseño dunha Ferramenta de Xeración Automática de Tendas Virtuais de comercio electrónico para Pemes (FEXATV)

Referencia:
234/2004 FEXATV
Institución financiadora:
Enxenio S. L.
Nº investigadores/as:
5
Duración:
28-set-2004 ao 28-set-2005
Investigadora directora:
Descrición:
FEXATV (Ferramenta de Xeracion Automática de Tendas Virtuais) terá como obxectivo facilitar o deseño e creación de tendas de comercio electrónico con amplas funcionalidades, a moi baixo custo e con todas as garantías de protección de datos e seguridade (copias de seguridade, control de acceso  etc.). Ademais, as tendas virtuais que se xeren con FEXATV serán moi doadas de manexar, de xeito que as Pemes que as implanten non precisarán en absoluto de persoal informático especializado para a administrar e manter.
As tendas desenvoltas sustentaranse en tecnoloxía de bases de datos e JSP, e a linguaxe de especificación das tendas será XML.