Subvencións I+D

Friendly barrierLess AdapTable City: Proof of Concept (FLATCity-POC)

Referencia:
PDC2021-121239-C31
Institución financiadora:
Ministerio de Ciencia e Innovación. Convocatoria 2021 Retos Sociedade - Proba Concepto
Orzamento:
48.300 Euros
Duración:
1-dec-2021 ao 30-nov-2023
Descrición:
Este proxecto é a consecuencia e continuación do de FLATCity e, á vista dos seus resultados, proponse a realización dunha proba de concepto, co obxectivo de incrementar o coñecemento e os resultados obtidos, e para confirmar o seu potencial innovador e facilitar a súa transferencia ao sector produtivo. Para acadar este obxectivo, preténdense realizar as seguintes actividades:
1) Continuar co desenvolvemento dos compoñentes existentes para facelos robustos e confiables, e crear un sistema que se poida utilizar en contornas reais.
2) Establecer contactos con administracións públicas (nomeadamente, concellos) e con empresas (concretamente, empresas de desenvolvemento de software e empresas de enxeñaría) para organizar unha proba de concepto do sistema nun entorno real que permita determinar a viabilidade técnica, comercial e social do sistema.
3) Protexer os dereitos de propiedade industrial do sistema e determinar unha folla de rota para xestionar e explotar o sistema no futuro.
O obxectivo é construír un sistema de información dirixido a catro grupos de actores interesados: o goberno dunha cidade que brinda un novo servizo á cidadanía; os provedores de tecnoloxías de información, que comercializan e operan o sistema; os provedores de enxeñaría, que comercializan o servizo de escaneo das rúas da cidade para realizar un inventario de equipamento urbano. Ademais de mellorar os procesos de extracción de datos de OpenStreetMap, de Twitter, de nubes de puntos LiDAR, e de información proporcionada polos usuarios, temos como novo obxectivo a extracción de información do sistema de información da cidade que debe proporcionar información sobre a infraestrutura urbana e a ocupación da vía pública. Por último, construiranse dúas aplicacións: un cadro de mando que permita ao goberno dunha cidade avaliar a accesibilidade da súa infraestrutura urbana, e unha aplicación móbil para os cidadáns para calcular rotas accesibles na cidade.