Subvencións I+D

Axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG - Modalidade Grupo de Referencia Competitivo 2013

Referencia:
GRC2013/053
Institución financiadora:
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Programa de axudas de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas. Modalidade Grupo de Referencia Competitivo. Convocatoria 2013
Orzamento:
370.000 Euros
Nº investigadores/as:
16
Duración:
1-xan-2013 ao 30-nov-2016
Investigadora principal:
Descrición:
Axuda concedida ao grupo de investigación LBD, enmarcada dentro do programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas. Esta axuda trata de facilitar a consecución dos seguintes obxectivos: i)Incrementar o número de proxectos de convocatorias de ámbito estatal; ii) Acadar novos contratos con empresas ou institucións; iii) Incrementar as publicacións en revistas SCOPUS ou WEB of Science; iv) Incrementar o nº de libros e capítulos publicados; v) Acadar o rexistro de novas patentes e a súa explotación; e vi) Incrementar as accións de transferencia e difusión.