Subvencións I+D
GRESINT: Unha transformación dixital intelixente no proceso de recollida e clasificación de residuos
Referencia:
0064_GRESINT_1_E
Institución financiadora:
Programa Interreg VA España-Portugal (POCTEP)
Orzamento:
155.203,96
Euros
Nº investigadores/as:
6
Duración:
1-xul-2023 ao 30-xun-2026
Investigador principal:
Investigadores/as participantes:
Descrición:
O proxecto GRESINT ten como obxectivo xeral dar un paso máis na innovación e transformación da xestión de residuos, incorporando a dixitalización a través de tecnoloxías intelixentes que melloren o proceso de clasificación dos residuos de envases e impacten, directa ou indirectamente, en todos os procesos do ciclo integral da xestión de residuos municipais (recolleita, clasificación, reciclaxe e valorización). A transformación do proceso de xestión de residuos pasa por un maior uso das tecnoloxías dixitais e intelixentes. A introdución de sensores e o tratamento dos datos ou a incorporación da visión e a intelixencia artificial, respaldadas por clasificadores robóticos, son capaces de xerar e procesar información sobre os materiais seleccionados que permita unha anticipación e unha mellor toma de decisións. Estas tecnoloxías estanse xeneralizando rapidamente por toda Europa co obxectivo de optimizar a clasificación de residuos e mellorar drasticamente a súa calidade e precisión de cara ao seu posterior reciclaxe e revalorización. A Eurorrexión non quere nin pode quedar atrás na súa implementación. O proxecto está integrado por SOGAMA e LIPOR, entidades con competencia na xestión de residuos municipais a ambos lados da fronteira, que serán as que incorporarán a dixitalización e as tecnoloxías intelixentes nas súas plantas, e por universidades e centros tecnolóxicos, que serán os encargados de guialas no proceso, UDC e UBI. A etapa onde se aplicarán os proxectos piloto é a de clasificación, o que axudaría a acadar os novos obxectivos de reciclaxe establecidos tanto a nivel europeo como nacional, a través da transformación dixital, que pode revolucionar a forma en que se está a realizar esta clasificación, aumentando a súa eficiencia, calidade e circularidade. GRESINT configúrase en 6 actividades, 4 técnicas e 2 transversais; que inclúen as seguintes actuacións: 1. Elaboración dunha Axenda de Dixitalización do proceso de xestión de residuos. 2. Plataforma de intelixencia artificial conxunta, que abranguerá tanto o proceso de deseño funcional da mesma, como a recompilación de datos e o seu desenvolvemento operativo. 3. Aplicación das tecnoloxías de dixitalización a través de tres proxectos piloto definidos, replicables a ambos lados da fronteira. 4. Aula virtual de sensibilización tecnolóxica. 5. Xestión e Coordinación. 6. Visibilidade, Transparencia e Comunicación.