Contratos e convenios

Convenio para o desenvolvemento do Proxecto de Investigación "Aplicación de localización e cálculo do camiño a puntos de interese próximos para dispositivos móbiles"

Referencia:
430/2011 Around-me
Institución financiadora:
Novaware, Programa sectorial Sector TIC 2011, PR520A-2011-181, Xunta de Galicia
Nº investigadores/as:
15
Duración:
1-xul-2011 ao 31-dec-2012
Investigador director:
Descrición:
O obxectivo do proxecto é ampliar o produto que Novaware ten desenvolvido no pasado que permite xestionar e xeorreferenciar a información de interese dun conxunto de negocios dunha zona xeográfica de xeito que o público en Internet poida acceder a eles, non só pola información de catalogación de cada elemento, senón tamén a través dun mapa no que aparecerán situados, vendo ademais a súa posición relativa a outros puntos de interese cultural e natural do patrimonio.
O Laboratorio de Bases de Datos participou nas actividades de análise, deseño e definición de funcionalidades da aplicación aportando a súa experiencia no deseño e desenvolvemento de sistemas de información xeográfica. O Laboratorio de Bases de Datos tamén participou nas tarefas do control e seguimento do desenvolvemento actuando como entidade externa no control de calidade.