Contratos e convenios

Contrato de colaboración para o desenvolvemento proxecto "Dixitalización Interculturas"

Referencia:
F21/04 a F21/07 LEMSI
Institución financiadora:
Instituto Interculturas Promoción Educativa S.L. Programa Axudas á Dixitalización Industria 4.0, Igape, Xunta de Galicia, Ref. IG240.2020.1.185
Nº investigadores/as:
21
Duración:
1-feb-2021 ao 31-xan-2023
Investigadores/as participantes:
Descrición:
Este contrato enmárcase no proxecto “Dixitalización Interculturas” financiado polo IGAPE na Convocatoria 2020 das axudas á Dixitalización Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 (Expediente: IG240.2020.1.185).
O obxectivo do proxecto “Dixitalización Interculturas” é desenvolver unha plataforma integral para a ensinanza de idiomas que estará composta por tres sistemas principais:
1. Sistema de xestión administrativa virtual
2. Aula Virtual
3. Nube de Contidos