Subvencións I+D

Visualización e Exploración baseada en fluxos e analítica de Big Data Espacial

Referencia:
PID2019-105221RB-C41
Número de subproxectos:
4
Institución financiadora:
Ministerio de Ciencia e Innovación. Convocatoria 2019 Retos Investigación
Orzamento:
45.617 Euros
Nº investigadores/as:
7
Duración:
1-xun-2020 ao 31-mai-2023
Investigadores/as participantes:
Descrición:
O obxectivo principal do proxecto MaGIST consiste en definir a arquitectura dun sistema para o transporte urbano intelixente e sostible con contribucións nas capas comúns de todo sistema de información: a recollida de datos, o almacenamento, o procesamento, a análise e a visualización de información. A consecución deste obxectivo enmarcase no reto de transporte intelixente, sostible e integrado abordando o desenvolvemento dun sistema que permita planificar un uso eficiente dos recursos, reforzar a accesibilidade e a integración funcional, preservar o medio ambiente e mellorar a calidade de vida dos cidadáns.