Redes

Rede temática española de datos abertos nas cidades intelixentes

Referencia:
TIN2014-53161-REDT
Institución financiadora:
Ministerio de Economía e Competitividade. Accións de dinamización "Redes de excelencia". Convocatoria 2014
Orzamento:
24.000 Euros
Nº investigadores/as:
8
Duración:
11-dec-2014 ao 11-dec-2016
Descrición:
O obxectivo desta rede é facilitar a comunicación, compartición de coñecementos, datos, vocabularios e software, e desenvolvemento de estratexias comúns dos grupos de investigación españoles que traballan na área de datos abertos e cidades intelixentes, así como xerar un punto de referencia unificado da comunidade científica española para as entidades públicas e privadas que teñen interese nesta área. Varios membros da rede xa teñen participado de maneira activa na proposta dun Proxecto de Norma Española AENOR, concretamente a PNE 178301 sobre "Ciudades Inteligentes. Datos Abiertos", que se atopa no momento de solicitude da proposta en fase de información pública, e no que teñen colaborado diversos concellos, comunidades autónomas, organismos nacionales e empresas. Do mesmo xeito, todos os grupos traballaron en aspectos relacionados cos tópicos da rede, desde perspectivas TIC (datos abertos, datos enlazados, xestión e compresión de datos, datos xeográficos etc.), de arquitectura e estatística. As actividades propostas engloban, entre outras, a celebración de dúas reunións anuais para a diseminación e posta en común de contidos científico-tecnolóxicos, de actividades de intercambio de investigadores entre grupos, dun conxunto de reunións informais (meetups) para facilitar a diseminación a outros entes do sistema Ciencia-Sociedade-Empresa, e de tarefas xerais de diseminación a través de todo tipo de canais (tradicionais e sociais). Asimesmo, crearanse repositorios conxuntos de datos, vocabularios e software para facilitar a colaboración e difusión, non so entre grupos da rede, senón tamén con outros grupos externos en España e fóra de España.
Responsable Óscar Corcho (UPM), José R. Paramá polo LBD