Contratos e convenios

Convenio para a realización do Programa de Ciencias Mariñas dentro dos Plans Complementarios de I+D+I do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Referencia:
PCMG
Número de subproxectos:
6
Institución financiadora:
UE (NextGenerationEU); MICIIN; Xunta de Galicia; FEMP
Duración:
1-dec-2022 ao 30-nov-2025
Descrición:
O Programa de Ciencias Mariñas de Galicia enmárcase no Programa Conxunto en Ciencias Mariñas no que colaboran as Comunidades Autónomas de Galicia, Andalucía, Cantabria, Región de Murcia e Comunitat Valenciana, para despregar unha estratexia conxunta de investigación e innovación en ciencias mariñas para abordar de forma sostible os novos retos na vixilancia e observación do medio mariño, cambio climático, acuicultura e outros sectores da economía azul. O de Ciencias Mariñas é un dos oito programas definidos nos Plans Complementarios entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e as CCAA, para crear sinerxías, aliñar a execución dos fondos e establecer prioridades comúns. Os Plans Complementarios son a Inversión 1 do Compoñente 17 do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dos fondos Next Generation EU.

O Laboratorio de Bases de Datos é responsable da Actuación 4.3 Servizos mariños e Laboratorio Virtual.  Nesta actuación porase en marcha un laboratorio virtual que permita realizar diferentes tarefas relacionando datos de distinta natureza nunha plataforma integrada. Así mesmo, darase soporte cos conxuntos de datos na plataforma integrada aos servizos mariños que se identifiquen noutros paquetes de traballo.