Contratos e convenios

Puntos de información intelixente para a Mobilidade Urbana Sostible

Referencia:
07/10 Pimus
Institución financiadora:
Concello A Coruña
Nº investigadores/as:
14
Duración:
15-abr-2010 ao 29-out-2010
Descrición:
Deseño e desenvolvemento tecnolóxico dun Punto de Información Intelixente (PiMUS) para a Mobilidade Urbana Sostible, así como para o desenvolvemento das canles de información necesarias vinculadas ao mesmo, coa fin de dar un impulso cualitativo que permita dar o salto da información de transportes á información de mobilidade (incluíndo información relevante en tempo real e contextualizada ao punto xeográfico no que se sitúa o punto de información intelixente), da información nun só senso á información en varios sensos (desde os usuarios dos servizos á administración ou a outros usuarios), da información a través dunha canle á información multicanle (presentando a información adaptada a distintos dispositivos, tanto colectivos como persoais), da información dispersa á información local fusionada e integrada (agregando e integrando información dispoñible en distintos sistemas de información xa existentes de forma pertinente), e da información estática á información dinámica.