Subvencións I+D

PLAtaforma para a Xeración automática de Sistemas de Información da Mobilidade (MIS) enerxéticamente eficientes, baseados en estruturas de datos compactas e GIS.

Referencia:
TED2021-129245B-C21
Número de subproxectos:
2
Institución financiadora:
Ministerio de Ciencia e Innovación. Convocatoria 2021. Proxectos estratéxicos orientados á transición ecolóxica e Transición dixital
Orzamento:
290.030 Euros
Duración:
1-dec-2022 ao 30-set-2025
Descrición:
O obxectivo deste proxecto coordinado (con equipos da UDC e a UCLM) é a creación de PLAGEMIS (PLAtform for the GEneration of Mobility Information Systems), unha plataforma que utilizará técnicas de xestión da variabilidade (liñas de produtos de software, anotación de código fonte e xeración da arquitectura mediante técnicas de scaffolding) para permitir a xeración automatizada de Sistemas de Información de Mobilidade (MIS) que sexan eficientes incluso desde o punto de vista enerxético. Estes sistemas estarán baseados en tecnoloxía GIS (Sistemas de Información Xeográfica), utilizarán un modelo de datos avanzado que diseñaremos e Estruturas de Datos Compactas (CDS) e algoritmos avanzados que implementaremos para representar e explotar o conxunto complexo, enorme e heteroxéneo de datos relevantes para a análise da mobilidade en entornos urbanos e rurais.