Redes

Rede Galega de Tecnoloxías Cloud e Big Data para hpc

Referencia:
ED341D R2016/045 HPC
Institución financiadora:
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria – Programa de ayudas para consolidación y estructuración de unidades de investigación competititivas del SUG – Modalidad de Redes. Convocatoria 2016
Orzamento:
120.000 Euros
Duración:
1-xan-2016 ao 31-out-2018
Investigador director:
Juan Touriño Dominguez
Descrición:
Esta rede temática está focalizada na converxencia das tecnoloxías cloud, Big Data e HPC (High Performance Computing ou Computación de Altas Prestacións) coa finalidade de promover a colaboración interdisciplinar de grupos de investigación de Galicia expertos e demandantes das devanditas tecnoloxías, a través de diversas accións de I+D, formación e difusión.
A rede está financiada para o período 2014-2018 polo Programa de Consolidación e Estructuración de Unidades de Investigación Competitivas da Xunta de Galicia (ref. R2014/041 e R2016/045). Constitúe unha evolución da Rede Galega de Computación de Altas Prestacións, financiada por este mesmo Programa de Consolidación entre os anos 2007 e 2011. Nembargantes, esta nova rede incorpora novos grupos procedentes de diversas disciplinas co fin de acadar unha forte orientación da rede á aplicación das tecnoloxías cloud e Big Data. Esta orientación ven motivada pola grande presenza e demanda actual destas tecnoloxías e polo seu futuro prometedor, tanto no ámbito científico-académico (tal como reflicte a súa significativa presenza no programa Horizonte 2020) como empresarial, polo que a constitución dunha rede destas características en Galicia é oportuna e estratéxica para situar á comunidade científica galega nunha posición destacada tanto no contexto nacional como europeo.