Redes

Rede de innovación e Transferencia en Xestión de Datos

Referencia:
TIN2010-09979-E
Institución financiadora:
Ministerio de Ciencia e Innovación. Plan Nacional de I+D+i. Convocatoria 2010
Orzamento:
14.000 Euros
Duración:
1-dec-2010 ao 30-nov-2012
Descrición:
A Rede de Innovación e Transferencia en Xestión de Datos está constituida por distintos grupos de investigación de diferentes universidades e empresas que traballan en áreas relacionadas coas tecnoloxías de Xestión de Datos. Os obxectivos que pretendemos cumprir a través da rede temática son entre outros os seguintes: 1) Consolidar un grupo de interese, a nivel nacional, que traballe na área da Xestión de Datos; 2) Promover e facilitar o intercambio e transferencia de coñecementos e experiencias científicos-tecnolóxicos entre diferentes grupos de investigación e empresas que traballan nesta temática, de xeito que se fomente a cooperación entre eles; 3) Potenciar a realización de proxectos e publicacións conxuntas, relacionadas cos distintos campos que se enmarcan no ámbito da Xestión de Datos; 4) Establecer contactos con grupos e redes internacionais (especialmente europeas) que traballen na temática desta rede a través da organización de talleres de traballo (workshops) e tutoriais (tutorials) en congresos nacionais e internacionais relacionados coa Xestión de Datos; 5) Consolidar a participación en iniciativas e proxectos europeos con obxecto de ir sentando as bases para a creación dunha rede europea en Xestión de Datos que permita aos membros desta rede formar consorcios para a solicitude de Proxectos Europeos dentro do VII programa marco.