Subvencións I+D

STEPS: Solucións Tecnolóxicas para a Evolución na Prestación de Servizos en campo

Referencia:
RTC-2017-5908-7
Institución financiadora:
Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, AEI, Cofinanciación 80% Fondos FEDER, Programa Retos Colaboración, convocatoria 2017
Orzamento:
193.996 Euros
Duración:
2-abr-2018 ao 28-feb-2021
Investigadora principal:
Descrición:
Este proxecto plantea o desenvolvemento dun conxunto de solucións tecnolóxicas innovadoras que actúen de facilitadoras do proceso de transformación dixital para as empresas prestadoras de servizos expertos en campo (expert field services). As solucións desenvolvidas estarán destinadas á súa integración na infraestrutura software das referidas empresas, poñendo ao seu dispor un conxunto de funcionalidades de alto valor engadido que lles permitan evolucionar os seus catálogos de prestacións, mellorando os servizos actuais, ou creando novos servizos e modelos de negocio. 
Os desenvolvementos estarán centrados en tres aspectos clave para a transformación dixital destas empresas e a obtención de vantaxes competitivas dentro dos seus respectivos mercados, e que determinan as tres grandes liñas de actuación do proxecto: 1) a explotación dos datos obtidos na prestación dos servizos en campo, co obxectivo de facer explícita información que estea implícita neles, e que poda resultar útil para a optimización dos procesos e a toma de decisións; 2) a creación de ferramentas avanzadas de interacción en tempo real que permitan aos técnicos en campo recibir asistencia remota doutros técnicos ou expertos para a resolución de incidencias, reducindo os tempos de prestación dos servizos e a porcentaxe de visitas fallidas; e 3) a optimización da xestión das forzas de traballo móbiles que permitan mellorar a produtividade dos servizos en campo, reducindo os tempos e os custes, e incrementando finalmente a satisfacción dos clientes.