Subvencións I+D

Bases de Datos e Emblemática Hispánica baixo Internet

Referencia:
TEL96-1390-C02-02
Institución financiadora:
Comisión Interministerial de Ciencia Y Tecnología (CICYT)
Orzamento:
6.494.000 Pta
Nº investigadores/as:
8
Duración:
1-xan-1996 ao 31-dec-1998
Investigadora principal:
Investigadores/as participantes:
Descrición:
Proxecto coordinado formado por dous subproxectos. O equipo de Humanidades, constituído por investigadores procedentes das áreas de Filoloxía Española, Historia da Arte e Filoloxía latina (Subproxecto1, dirixido por Sagrario López Poza), encargouse da dixitalización, transcripción parcial e estudo dunha selección de obras de Literatura Emblemática Hispánica dos séculos XVI e XVII das que se extraeu unha ampla colección de datos de interese para diversas áreas de coñecemento implicadas na cultura do "Siglo de Oro". O equipo de Informática (subproxecto 2, dirixido por Nieves Rodríguez Brisaboa) desenvolveu as aplicacións necesarias para o armacenamento dos datos e o acceso aos mesmos a través de Internet mediante unha interfaz de usuario que representa unha Biblioteca Virtual, e que facilita a recuperación e a navegación a través de documentos e datos.