Subvencións I+D

Base de Datos das Obras de Emblemática Hispánica baixo Internet

Referencia:
TEL96-1390-C02
Institución financiadora:
Ministerio de Ciencia Y Tecnología (MCYT)
Nº investigadores/as:
2
Duración:
1-xul-1996 ao 30-xun-1999
Investigadora principal:
Sagrario López Poza
Descrición:
Proxecto coordinado, formado por 2 subproxectos.O equipo de Humanidades, constituído por investigadores/as procedentes das áreas de Filoloxía española, Historia da Arte e Filoloxía latina (subproxecto1, dirixido por Sagrario López Poza), encargouse da dixitalización, transcripción parcial e estudo dunha selección de obras de Literatura Emblemática Hispánica dos séculos XVI e XVII das que se extraiu unha ampla colección de datos de interese para diversas áreas de coñecemento implicadas na cultura do "Siglo de Oro". O equipo de informática (subproxecto2, dirixido por Nieves Rodríguez Brisaboa) desenvolveu as aplicacións necesarias para o almacenamento dos datos e o acceso aos mesmos a través da Internet mediante unha interfaz de usuario que representa unha Biblioteca Virtual, e que facilita a recuperación e a navegación a través de documentos.