Subvencións I+D

Voxpopuli: Análise eficiente da reputación, propagación e recomendación en entornos de redes sociais-UDC

Referencia:
TIN2013-47090-C3-3-P
Institución financiadora:
Ministerio de Economía e Competitividade, Programa Investigación científica e técnica de excelencia, convocatoria 2013
Orzamento:
38.297 Euros
Nº investigadores/as:
5
Duración:
1-xan-2014 ao 31-dec-2016
Investigadores/as participantes:
Descrición:
O proxecto pretende abordar a creación dunha nova xeración de sistemas de monitorización de reputación online, que sexan capaces de entender, procesar, agregar e sintetizar en tempo real feitos, opinións e actitudes respecto dunha entidade, de presentar esa información en múltiples dimensións, e de interactuar cos expertos en reputación para que realicen o seu labor de forma máis precisa, máis eficaz e máis rica. A investigación abarcará desde os problemas de base como a similitude textual ou a creación de estruturas de datos eficientes para representar información lingüística ata a validación de prototipos con expertos. Ademais de algoritmos e prototipos, tamén se crearán e distribuirán na comunidade científica coleccións de test para avaliar as tecnoloxías relevantes no escenario de reputación online.