Contratos e convenios
Convenio para o desenvolvemento do Proxecto de investigación “Solución integral para a creación, visualización e distribución de contidos dixitais interactivos”
Referencia:
431/2011 Contidos dixitais
Institución financiadora:
Enxenio, S.L., Programa CIT 2011, IN841C 2011/94, Xunta de Galicia
Nº investigadores/as:
5
Duración:
1-xan-2012 ao 31-out-2013
Investigadora directora:
Investigadores/as participantes:
Eduardo Rodríguez López
Descrición:
O obxectivo deste proxecto é desenvolver unha ferramenta web, soportada por tecnoloxía de bases de datos, que facilite a creación e mantemento de contidos interactivos formados por textos, imaxes, audio, vídeo e animación, links, e actividades interactivas -tests, preguntas de verdadeiro/falso, de resposta curta, de completar, de emparellar, encrucillados, exercicios de mapas etc.- e a súa organización en diferentes estruturas, como por exemplo: libros de texto con temas e unidades; contos clásicos narrados con actividades interactivas inseridas nas páxinas; ou, por suposto, os clásicos libros de lectura con texto corrido sen máis estrutura que os capítulos. En resumo, será unha ferramenta que permitirá crear libros electrónicos interactivos (enhanced ebooks) en formato HMTL, que, opcionalmente, poderán ser almacenados segundo diferentes estándares como por exemplo SCORM 2004 e ePUB.