Contratos e convenios
Contrato de servizos entre a UDC e a Universidade de Córdoba para a participación no proxecto "Humanidades dixitais e letras hispánicas: Estratexias de integración/procedementos conceptuais e técnicos"
Referencia:
2013/109 Rede Aracne
Institución financiadora:
Universidade de Córdoba, Acc.complementaria do Ministerio de Economía e Competitividade
Nº investigadores/as:
5
Duración:
16-dec-2013 ao 31-dec-2014
Investigadora directora:
Investigadores/as participantes:
Eduardo Rodríguez López
Descrición:
Este traballo enmárcase na rede ARACNE: Red de Humanidades Digitales y Letras Hispánicas, financiada polo Ministerio de Economía e Competitividade (ref. FFI2011-15606-E). O obxectivo é dar soporte tecnolóxico á Rede e realizar os desenvolvementos informáticos necesarios para:
1. Integrar o acceso ás fontes de datos (bases de datos documentais e bibliotecas dixitais) dos grupos pertencentes á Rede nun único punto, implementando o protocolo OAI-PMH.
2. Estudar e realizar unha definición preliminar dunha linguaxe de etiquetado de documentos de Humanidades Hispánicas.
3. Construír un portal web de promoción da Rede e os seus grupos, que poida ser xestionado de forma autónoma por cada un deles, e polos responsábeis da Rede en cada momento.